O arquetipo galego de microestado revive por un día.
Cando no ano 2000, Don Luís Manuel García Mañá publicou “ Couto Mixto, unha república esquecida”, supuxo un renacer do espírito dos habitantes desta zoa fronteiriza co veciño país luso.
O Couto Mixto foi unha república galega encadrada nos concellos de Calvos de Randín e Baltar, os pobos que constituían dita unidade territorial foron Santiago de Rubiás, o meu pobo natal, Rubiás e Meaus.
A Capital administrativa era Santiago, onde actualmente se reproduce a susodita cerimonia histórica na súa igrexa.Cada ano neste acto, os tres homes de acordo en representación dos tres pobos, abren a Arca dos Documentos.Nela gárdanse os papeis que se conservan, onde figuran os recoñecementos que o Couto foi recibindo, a partir do período de reconstrucción da memoria histórica.
Este ano a cerimonia celébrase o día 30 na igrexa de Santiago de Rubias as 12:00 horas.
Nela os galardoados co título de “Xuizes Honorarios do Couto Mixto”, serán o gaiteiro Carlos Núñez, e o profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé A. Gómez Segade. O remate da entrega de condecoracións, os asistentes poderan desfrutar dunha comida do país ó aire libre, coa compañía dos galardoados e os veciños do Couto.
Esperemos que esta festa cumpla a súa función cultural e sociolóxica, e continúe a medrar o número de visitantes, a estas preciosas paraxes desta república esquecida, que constitue o país dos mixtos.
“Hai preto de cincocentos anos que Tomás Moro descubriu unha república imaxinaria. A obra foi titulada “Utopía”. O Couto Mixto non foi unha utopía. Máis hoxe é unha república esquecida”.
“Couto Mixto, unha república esquecida”
García Mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario