HISTORIA

O Couto Mixto foi unha república independente e democrática, situada na fronteira de Galicia con Portugal.
A sopor da data de nacemento deste país existen numerosas teses, dende as lendas populares ata as do estudoso do Couto, Don Luís Manuel García Mañá.
A lenda maioritaria que callou entre os mixtos, cidadáns do Couto, e aquela que di,que a raiña de Portugal en busca de protección, agochouse nestas  fermosas terras, gozando da protección dos seus habitantes.  Cando voltou a terras lusas, concedeulle a independenza as terras do Couto Mixto.
Aínda que os estudosos diferen, algúns din que foi o fillo da susodita raiña San Rosendo, fundador de Celanova, quen lle concedeu a independenza.
Aquí xa asexamos, os férreos lazos que unían ó Couto, o Reino da Galiza e o Reino de Portugal. Territorialmente esta república esta formada, por tres grandes núcleos de poboacion, que eran:
  • Santiago de Rubiás. capital do Couto Mixto, centro de administración
    política.

  • Rubias dos Mixtos. É a vila de maior tamaño.

  • Meaus. Núcleo económico e comercial da república. Onde tiña a residencia o Sr. Xuíz.

A República do Couto Mixto, tiña unha forma de goberno, que hoxe se reproduce semellante a da Serenísima República de San Marino. Aínda que con un réxime federal, no que cada pobo estaba reprentado nunha Asamblea que se reunía no Atrio da Igrexa de Santiago Matamouros, na capital do Couto.
Este Atrío funcionaba como un parlamento nacional. Estaba presidido por un "Xuiz", que sería equiparabel a figura dun Presidente da República, e que tiña poder Executivo, Lexislativo e Xudicial.
Na práctica este poder estaba moi supervisado polo Reino de Castela, que sometera a Galiza e polo Reino de Portugal.
Tamén acudían a susodita asemblea os representantes de cada vila, que eran un Home de acordo, con autoridade en cadansúa vila. Segundo estudos históricos, tres representantes por vila a maiores.

En morado podemos ver o camiño privilexiado que conectaba as tres vilas e no cal a policía española
En total nestas asembleas reunianse mais de 14 representantes. O Couto Mixto Representou un verdadeiro estado democrático, mais esto non lle conviña nin a Portugal nin a España e no ano 1864 mediante o tratado de Lisboa o País dos Mixtos era dividido entre Galicia e Portugal segundo o seguinte mapa:
garda portuguesa non podían interferir.Sendo moitas veces un camiño de asilo, para fuxidos.
Na actualidade O país dos Mixtos vive un período de recuperación da memoria histórica, liderado polo historiador Luís Manuel García Mañá e AACM (Asociación de Amigos do Couto Mixto).

Ningún comentario:

Publicar un comentario